• Durante o acto presentouse o equipo Viogén da Garda Civil da zona, que se encarga da atención directa e urxente dos casos de violencia de xénero
• A pesar de que os casos de violencia de xénero eleváronse no último ano na provincia, en Ortigueira baixaron
O Concello de Ortigueira acolleu no día de hoxe, no salón de plenos, a reunión anual do Protocolo municipal de coordinación institucional contra a violencia de xénero no Concello.
No acto participaron Juan Cao, en representación do Concello de Ortigueira, Mª Isabel Álvarez, Xefa da Unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, Diana Vales, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia do Concello de Ortigueira, Constantino Figueroa, membro do equipo Viogén da Garda Civil, Manuel Aneiros, da Policía Local de Ortigueira, Adela Fernández, delegada do Partido Xudicial de Ortigueira do Colexio de Avogados de Ferrol, Mª Isabel Fernández, coordinadora de enfermería do Centro de Saúde de Ortigueira, Rocío Fernández, directora do CEIP José María Lage, Mª Antonia Girón, vicediretora do IES Ortigueira, Mª Margarita Docanto, traballadora social do Concello, Rocío Blanco, psicóloga do CIM e Ana Dopico, asesora xurídica e directora do CIM
Na orde do día estaban principalmente dous puntos. Por unha banda, a presentación do novo equipo Viogén da Garda Civil, que prestará servizo á comarca do Eume e Ortegal. Esta guarnición da forza de seguridade é a encargada da atención directa e urxente dos casos de violencia de xénero nestas zonas xeográficas de actuación.
No outro punto do día faise un seguimento de casos de violencia de xénero anual. Durante este 2022 os datos de violencia de xénero na provincia da Coruña subiron, con todo, no Concello de Ortigueira víronse diminuídos.
Durante este encontro tamén dá conta das últimas novidades en materia lexislativa e sanitaria en canto á violencia de xénero, ademais de propoñer e debater diferentes cuestións sobre a materia.
No Concello de Ortigueira realízanse reunións de carácter trimestral na Xunta local de Seguridade para coñecer a situación e sometela a avaliación.
Desde a concellería de Igualdade están moi satisfeitos e valoran moi positivamente a participación nesta reunión anual, con diferentes achegas que teñen o obxectivo común de loitar contra a violencia de xénero no Concello de Ortigueira.
Ademais, agradecen a presenza de todas estas entidades e persoas que asistiron todos estes últimos anos co fin de combater esta secuela.